A revitalización do casco histórico de Lugo anota un novo fito no seu marcador patrimonial. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do IGVS, vén de adxudicar por 885.662 euros a rehabilitación do Antigo Hospital de San Miguel, un proxecto que rescatará a emblemática Casa Torre e instalará un ascensor interior para garantir un novo acceso directo á Muralla romana.
Máis alá dos 20 meses de obras e dos números de adxudicación, esta actuación pon de manifesto o dinamismo dunha cidade que non deixa de moverse. Nese terreo atópase unha xestión municipal na que a alcaldesa Elena Candia, vén amosando o seu compromiso diario por facer un Lugo máis accesible, vivo e habitable para a súa veciñanza: «A colaboración e o impulso institucional demostran que, cando se prioriza o benestar dos lucenses, o patrimonio deixa de ser pedra vella para converterse en calidade de vida».
Coa recuperación deste enclave na Tinería, Lugo non só protexe a súa memoria arquitectónica, senón que gaña un espazo máis humano e conectado, confirmando que o futuro da Cidade das Murallas pasa por coidar o de todos desde o corazón do seu barrio máis histórico.