Arredor de nós

Presidente de Coalición Galega

Máis de cenmil hectáreas arderon o ano pasado en Galicia en arredor mil cincocentos incendios forestáis,  i este ano caeulle o pandote  ao resto de España e á veciña Francia.

Comenzado xa agosto, co dispositivo antiincendios na súa fase de máxima esixencia, boa parte dos concellos galegos segue sen a brigada que debería estar operativa desde mediados de xullo. Operativos xestionados polos concellos e financiadas pola Xunta, pero para os que non se atopa personal polas pobres condicións laboráis.

A causa principal pola que se producen os incendios é a falta de rendibilidade das terras productivas en xeral e do monte en particular ao que hai que sumar a falta de interese ou incapacidade dos gobernantes para prever con tempo suficiente cales van ser as consecuencias do abandono do mundo rural e dos montes en maior medida.

Fái anos o monte tiña un aproveitamento do cen por cen para os propietarios e proporcionaba tres tipos de productos útiles: monte alto, monte baixo e leña.

Os anos sesenta marcaron o inicio dun cambio no rural coa emigración masiva a centroeuropa.

A emigración desta época procede do rural e tén dúas consecuencias inmediatas sobre este sector: aumento da renda per cápita e forte disminución da man de obra.

Esto supuxo que, aparte da reducción en número, o campo quedaba  en mans de mulleres e persoas maiores.

O monte comeza a ser unha das actividades menos imprescindibeis por que xa  non aporta nin enerxía de consumo doméstico (leña), nin o monte baixo tén interese para a gandeiría.

A presencia de restos arbóreos (leña) e monte baixo é condición imprescindible para que se poida producir un incendio forestal. Se se logra eliminar estes elementos, ou cando menos o monte baixo, o monte deixará de arder.

A reducción ou eliminación de incendios forestais hase de acometer con políticas preventivas e políticas adecuadas de intervención en caso de incendio. Esta política preventiva debe sustentarse en catro frontes:

– Buscar maneiras de obter maior rendibilidade do monte

– Eliminación ou reducción de monte baixo.

– Vixilancia e regulación de queimas controladas de restos vexetais.

– Vixilancia dos montes en épocas do ano de maior perigo.

A baixa rendibilidade económica do sector agrario en xeral e do monte en particular son a principal causa da queima dos mesmos por eso a procura dunha maior rendibilidade reduciría o problema. Eso significa que hai que facer estudios de cambios de cultivo e arbóreos 

cara outras especies mais rendibles. Unha das posibles solucións e substituír a arborada por outra que ademais de madeira dea algún tipo de froita como os castiñeiros, aínda que esto require de unha forte inversión inicial e producción a longo prazo, dificilmente asumibles polo labrego, co cal deberíase dar unha axuda económica por parte das institucións públicas. Houbo intentos neste senso por parte dalgunha administración pero con resultados dubidosos.

Entrementres a eliminación ou reducción de monte baixo, é a mellor solución a curto prazo e pódese conseguir por dúas vías:

Retardando o crecemento mediante a plantación de especies arbóreas baixo as cales o monte baixo medre menos e eliminando este por corta e retirada de restos de arboleda.

Dado que os propietarios non obteñen do monte beneficios suficientes para que de motu propio o manteñan limpo haberá que buscar unha alternativa e facilitar por parte da administración a presencia de animales ceibos como cabalos, porcos, cabras, etc  para a limpeza do mesmo, sen esixir aos particulares tanto papeleo, alómenos en fincas alonxadas de estradas importantes ou de outros puntos críticos.

Obrigar por lei ou mediante un imposto a que estes propietarios fagan limpeza do monte sería abusivo porque estariamos, a efectos administrativos,  dándolle o tratamento de donos privilexiados de un artigo de luxo o cal é un paradoxo, pero sí que haberá que empezar a esixir unhos mínimos de manteniendo e as distancias de plantación en camiños, estradas, viviendas, etc

Por tal razón a limpeza do monte debe ser unha labor na que colabore a totalidade da sociedade, rural e urbana, alomenos mentres non se consiga aumentala rendibilidade dos montes.

O producto obtido da limpeza pode ser aproveitado como biomasa para a obtención dunha enerxía sempre máis limpia que os combustibles fósiles. Outros modelos suvecionados nos últimos anos como a eólica ou a fotovoltaica non son menos contaminantes si facemos unha análise completa de toda a cadea.

Desde Coalición Galega entendemos que o camiño está en establecer un sistema axeitado ás condicións de hoxe en canto a obrigatoriedade de desbroce e limpeza dos montes, con mecanismos correctores que teñan en conta as características e particularidades de cada caso, sexan privados ou públicos, e contemplando a recuperación de zonas queimadas dentro dunha política forestal diversificada con especies caducifolias de turnos longos e masas arboreas pouco compactas como freixos, faias ou carballos.

A día de hoxe a concentración de xente en cidades moi grandes é un obxetivo deliberado.

Estanse a crear as condicións para os incendios e despóis quérense apagar, cando a deshabitación do campo é claramente deliberada.

Ninguén vivirá no rural se non ten futuro e non pode ter uns cochos ou unhas galiñas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios