Ruben Lois “pedimoslle á alcaldía un exercicio de responsabilidade e facemos un chamamento á limitación incontrolado da oferta de aloxamento”.
Para o BNG grazas ao Camiño de Santiago, o concello e o núcleo de Palas de Rei téñense convertido nuns lugares turísticos de primeiro nivel. O BNG de Palas de Rei, a través do seu responsabel local, Ruben Lois, saúda que esta actividade económica centrada no valor da paisaxe, o patrimonio e o territorio sexa tan importante. Non obstante, “desde un exercicio de responsabilidade tamén queremos facer un chamamento á limitación do crecemento incontrolado da oferta de aloxamentos, que se ten producido nestes últimos tempos no medio da indolencia daAlcaldía e do goberno municipal”, indica o responsabel local
O feito de que un concello de 3.400 habitantes posúa máis de 2.000 camas turísticas non debe ser un motivo deorgullo, senón de preocupación. “Saudamos e como cidadáns participamos na apertura de hoteis, albergues, pensións ou apartamentos turísticos legais. O turismo debe ser un factor de desenvolvemento endóxeno. Debe proporcionar riqueza ás poboacións locais” explica Ruben Lois
Pero cando se está a autorizar un número incontrolado de novas camas, saudar a chegada de investidores de fora que entran no negocio só para facer cartos e se permiten ofertas dubidosas, nun mercado onde as autoridades locais non fan ningunha inspección sobre aloxamentos de distinto tipo, isto comeza a ser preocupante.
O número de aloxamentos e de camas turísticas debe avanzar cara o crecemento 0. Cada nova praza que se abra debe ser por peche dunha anterior. Os aloxamentos que non sigan as normas teñen que poñerse fora do mercado, como se está a facer enSantiago de Compostela. A calidade da oferta turística debe salvagardarse e apoiarse con axudas aos empresarios locais dosector. Hai que ampliar o número de vivendas residenciais para que os nosos traballadores non estean obrigados a durmir en Monterroso, Melide ou noutras poboacións por falta de vivendas para alugar ou mercar.
Se coidamos Palas, facemos do concello e do pobo parte dun territorio bonito, os peregrinos quedarán máis tempo e gastarán máis. Limitar o crecemento incontrolado do aloxamento turístico debe ser un primeiro paso.
“Estamos abertos a participar nun consenso social e político amplo de cara a cualificar e ordenar o turismo en Palasde Rei. Así, lle recoñeceremos a esta actividade a súa importancia na xeración de riqueza e na mellora da calidade de vida dos cidadáns” remata Ruben Lois
…