O Concello de Lugo pon en marcha as ‘Sendas para a Desconexión’ para valorizar o patrimonio natural e cultural do municipio

O Concello de Lugo deu o pistoletazo de saída ás ‘Sendas para a Desconexión’, un novo programa de rutas guiadas deseñado para poñer en valor o patrimonio natural, histórico e cultural do municipio mediante a práctica do sendeirismo e a divulgación local.

A xornada inaugural contou coa participación da voceira municipal, Elena Candia, e de Guido Guia, quen completaron o primeiro itinerario da iniciativa, denominado “O pequeno Froilán”.

Durante a actividade, Candia destacou a importancia de promover alternativas de lecer saudables que permitan á cidadanía conectar coa contorna máis próxima: «Hai moitas formas de coñecer Lugo, e algunhas comezan simplemente camiñando», sinalou, subliñando o compromiso do goberno local coa promoción dos recursos naturais e culturais do concello.

Divulgación e patrimonio de proximidade

O deseño, investigación e documentación destes itinerarios correu a cargo do coñecido divulgador Guido Guía, quen se ocupa de guiar aos participantes a través das historias e curiosidades menos visibles da historia luguesa.

«É un luxo contar con Guido Guía para este proxecto. A súa forma única de contar esas historias menos coñecidas de Lugo sempre consegue sorprendernos», agradeceu Elena Candia ao remate da ruta, destacando o éxito desta primeira mañá de descubrimento do patrimonio local.

O programa de ‘Sendas para a Desconexión’ continuará desenvolvéndose nas vindeiras datas con novas propostas de itinerarios guiados abertos á participación veciñala.

Comparte éste artículo
No hay comentarios