Primeiro sábado de pretemporada cargado de partidos e resultados, hoxe domingo se xogan…

O sábado 8 de agosto foi elixido pola maior parte dos equipos galegos masculinos de categoría estatal para celebrar partidos amigables. Desde as viaxes de Celta e Deportivo a terras transalpinas até o modesto encontro entre veciños, case de treino entre O Val e o Somozas, pasando por desatinos organizativos como que a XVII edición do Memorial Luis de Carlos foi gañado en dúas ocasións en catro días polo R. Madrid Castilla, primeiro, o día 5, ao Fabril, e o sábado, no mesmo Cantarrana-Kiko Rey, ao Racing de Ferrol por penaltis.

Os cadros galegos de primeira cumpriron expediente saíndo invictos de Italia, o Celta empatando ante o Napoli en Castel di Sangro e o Deportivo gañando ao Genoa no recuperado trofeo Spagnolo.
O Celta Fortuna tivo dobre cita, ambas en Vigo. Pola mañá, en Afouteza, tomou conta do Coruxo e pola tarde, en Barreiro, fixo o mesmo coa U.D. Ourense.
Dos equipos de terceira categoría, só o Lugo deixou unha sensación de preocupación ao ser derrotado en Ribadeo polo segundo equipo do Oviedo.
Os de cuarta, cumpriron gañando pola mínima. O Compostela ao Lalín, no Vila de Padrón, e o Arosa ao Villalonga, no Cerámica Campo-Vidal Lamelas
Entre os de quinta, chamou a atención o 4-5 do Montañeros ao Carral no campo do Castro. No único 3×1, o Racing Villalbés. semifinalista da fase galega da Copa RFEF, impúxose a Sarriana e Chantada, a este por penaltis, no triangular xogado en Sangoñedo.

O fútbol feminino deixou ver en acción aos tres equipos de terceira categoría en dous partidos que incluían un derbi. Alén do Celta-Victoria, salientou o triunfo do Deportivo B en Asturias ante un Oviedo que acaba de baixar da segunda categoría.

Este é o calendario de amigables da fin de semana:

Masculino

SÁBADO 08/08/20256
Amigable. Teofilo Patini (Castel di Sangro-ITA): S. SPTVA. CALCIO NAPOLI Nápoles (ITA) – R.C. CELTA Vigo: 1-1
XVI Trofeo Spagnolo. Luigi Ferraris (Xénova-ITA): GENOA CRICKET F.C. (ITA) – R.C.D. A CORUÑA: 0-1
Amigable. Barreiro (Vigo): R.C. CELTA FORTUNA Vigo – U.D. OURENSE: 2-0
Amigable. Cidade Deportiva Afouteza (Mos): R.C. CELTA FORTUNA Vigo – CORUXO F.C.: 3-1
III Trofeo Feiraco. Pepe Barrera (Ribadeo): C.D. LUGO – R. OVIEDO VETUSTA: 0-2
Amigable. Novo Municipal (A Estrada): C.D. ESTRADENSE A Estrada – PONTEVEDRA C.F.: 0-5
XVII Memorial Luis de Carlos (bis). Cantarrana (Viveiro): RACING C. FERROL – R. ;MADRID CASTILLA: 2-2 / 2-4
Amigable. La Eragudina (Astorga): AT. ASTORGA F.C. – R.C.D. FABRIL A Coruña: 2-2
Trofeo Cerámica Campo-Vidal Lamelas. San Pedro (Vilalonga): VILLALONGA F.C. Vilalonga – AROSA S. CULT. Vilagarcía: 0-1
VII Trofeo Vila de Padrón. O Doce (Escravitude): S.D. COMPOSTELA Santiago . C.D. LALÍN: 1-0
Amigable. A Rega (Tordoia): TORDOIA S.D. – AT. C. ARTEIXO: 0-1
V Trofeo Concello de Carral. O Castro (Carral): U.D. CARRAL – AT. CORUÑA MONTAÑEROS C.F.: 4-5
Amigable. A Bouza (Illa de Arousa): CÉLTIGA F.C. Illa de Arousa – MARÍN C.F.: 1-1
Amigable. Julio Mato “Matito” (Noia): C.F. NOIA – C.D. BOIRO: 0-3
Amigable. A Senra (Ribadumia): C.D. RIBADUMIA – GRAN PEÑA F.C. Lavadores:
Trofeo Triangular de Chantada (3×1). Partido 1. Sangoñedo (Chantada): S.D. CHANTADA – RACING C. VILLALBÉS Vilalba: 0-0
Trofeo Triangular de Chantada (3×1). Partido 2. Sangoñedo (Chantada): RACING C. VILLALBÉS Vilalba – S.D. SARRIANA Sarria: 3-1
Trofeo Triangular de Chantada (3×1). Partido 3. Sangoñedo (Chantada): S.D. SARRIANA Sarria – S.D. CHANTADA: 3-0
Amigable. Sinde (O Val): S.D. O VAL DE NARÓN – U.D. SOMOZAS: 0-3

DOMINGO 09/08/2026
II Memorial Kubala (4×1) Semifinais. Boavista (Folgueiro): C.D. ALFOZ – VIVEIRO C.F.: 18,30
II Memorial Kubala (4×1) Final ou 3º e º lugares. Boavista (Folgueiro): U.D. FOLGUEIRO ou S.D. BURELA – VIVEIRO C.F.: 19,30 ou 20,30

Ademais, oficial, Copa RFEF-Galiza (cuartos de final):
DOMINGO 09/08/2026 (18,00) Campo: A MOREIRA
ANTELA F.C. – OURENSE C.F.
Árbitro: Rubén Fernández Otero (Galiza-Ourense). Auxiliares: Cid Rodríguez e Cerreda Ferrón.

Feminino:

SÁBADO 08/08/2026
Amigable. Príncipe Felipe (Pontevedra): R.C. CELTA Vigo – VICTORIA C.F. A Coruña: 3-0
Amigable. Barcia (Luarca): R. OVIEDO – R.C.D. A CORUÑA B: 0-1

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios