O PP destaca á maderera Hijos de Ramón Rubal como un dos motores económicos de Alfoz como elemento para fixar poboación no rural

Antonio Ameijide destacou a necesidade de “apoiar e potenciar” a implantación de iniciativas económicas sólidas en municipios eminentemente rurais xa que “fixar poboación e a crear emprego cualificado e estable no territorio son desafíos que só se poden afrontar con éxito a través de iniciativas empresariais arraigadas como esta”.

Os deputados do Grupo Provincial Popular, acompados do voceiro do PP en Alfoz, Juanjo Fraga, coñeceron de primeira man o funcionamento da empresa Hijos de Ramón Rubal, situada en Alfoz, un encontro no que comprobaron como nesta empresa combínase a tradición dun negocio con máis de noventa anos de historia coa tecnoloxía máis vangardista no eido da xestión forestal e o aserrado de madeira.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destacou a necesidade de “apoiar e potenciar” a implantación de iniciativas económicas sólidas en municipios eminentemente rurais, como Alfoz, xa que “fixar poboación e a crear emprego cualificado e estable no territorio son desafíos que só se poden afrontar con éxito a través de iniciativas empresariais arraigadas como esta”.

“Empresas como Hijos de Ramón Rubal demostran que dende o rural e apostando polos recursos propios é posible liderar sectores produtivos de primeiro orde. A súa capacidade para xerar riqueza e reter e atraer talento á comarca é o mellor exemplo do modelo de desenvolvemento que necesitamos para soster os nosos concellos”, destacou.

Esta empresa consolidouse como un dos grandes piares económicos da zona e abarca de xeito integral toda a cadea de valor do sector forestal: dende a corta e roza sostible no monte e o transporte ata a primeira transformación e expedición do produto final.

A actividade diaria de Hijos de Ramón Rubal destaca polo seu elevado volume de negocio, procesan en torno ás 400 toneladas de madeira cada día, un importante volume de materia prima procedente principalmente dos montes do norte de Galicia e Asturias, abastecendo tanto o mercado nacional como o internacional.

Comparte éste artículo
No hay comentarios