Ante algúns comentarios recibidos e xurdidos arredor da participación exclusiva das gañadoras da categoría de vocalistas de O Talentiño no pregón das Festas de Ferrol, o equipo que traballa detrás deste proxecto desde a súa primeira edición, celebrada en 2023 no barrio de Canido, queremos aclarar que a elección das persoas encargadas de pronunciar o pregón foi unha decisión completamente allea á nosa organización.
O Talentiño naceu co propósito de descubrir, acompañar e dar visibilidade ao talento infantil e xuvenil en todas as súas expresións. Ese foi e continuará sendo o noso compromiso: apoiar, dentro das nosas posibilidades, a todos e todas os nenos e nenas que forman ou formaron parte desta iniciativa e coa mesma ilusión coa que puxemos en marcha este proxecto en 2023.