Monforte celebra o día da súa patroa coa tradicional procesión e a apoio da Deputación de Lugo

O deputado de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, Carlos López, participou este sábado, xunto ao alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, nos actos conmemorativos na honra da Virxe de Montserrat, patroa da localidade.

A representación institucional asistiu á eucaristía solemne celebrada na Igrexa de San Vicente do Pino. A continuación, tivo lugar a tradicional procesión coa imaxe da Virxe polas contornas do templo, acto que culminou coa emotiva ofrenda floral.

A xornada festiva no concello continuou coa celebración do Día do Gaiteiro e, durante a tarde, coa Mostra de Danza e Música Tradicional, antecedente dos espectáculos de fogos artificiais programados como peche dos festexos patronais.

A Deputación de Lugo colabora un ano máis co desenvolvemento destas celebracións en Monforte de Lemos a través dos fondos do Plan Deputación. Con este apoio, a institución provincial reafirma o seu compromiso coa promoción das actividades culturais e tradicións locais, vitais para a dinamización veciñal, a atracción turística e a xeración de riqueza no territorio.

Comparte éste artículo
No hay comentarios