O Concello de Lugo inicia o expediente para facer a beirarrúa en Virxe da Soidade

O concello de Lugo dá un novo paso para facer realidade unha actuación comprometida que mellorará a seguridade viaria no acceso ao colexio de As Gándaras, cunha intervención na rúa Soidade entre a Calzada de As Gándaras e a rúa do Peto.

A intervención conta cun custo de licitación duns 150.000 euros e permitirá acondicionar un tramo de 230 metros, dotando dunha infraestrutura peonil básica unha zona utilizada diariamente por alumnado, familias e veciñanza.

A alcaldesa, Elena Candia, informou que se iniciaron os trámites para a obtención dos terreos necesarios para facer a beirarrúa xa que se precisa facerse con aproximadamente 60 metros de lonxitude de 2,5 metros de ancho, de dúas propiedades.

Un proxecto que leva anos pendente

A actuación parte dunha encomenda a EVISLUSA realizada en 2018 para o desenvolvemento do proxecto. Desde o Grupo Municipal do Partido Popular reclamouse reiteradamente a súa execución e incorporouse tamén  como proposta no marco dos orzamentos municipais e é un dos compromisos adquiridos cos lucenses no noso proxecto de cidade.

Entre as novidades respecto do proxecto anterior figura a creación, na marxe dereita, dunha plataforma con rampa adaptada que permitirá reubicar a parada de bus que existe nesta zona.

O proxecto contempla ademais o mantemento dos actuais reductores de velocidade e a ampliación do paso de peóns situado na Calzada das Gándaras con  Virxe da Soidade entre outras melloras.

Na zona situada diante do colexio habilitarase espazo para o estacionamento para autobuses, mentres que tamén se realizará a correspondente sinalización para o estacionamento de vehículos particulares nas dúas marxes.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou que “esta obra ademais de ser un compromiso adquirido é un acto de xustiza para protexer a seguridade na contorna do centro educativo e para o resto da veciñanza do barrio».

Comparte éste artículo
No hay comentarios