Cada vez falta menos para o comezo das ligas non profesionais e os clubs intensifican o traballo para chegar da mellor maneira aos partidos importantes, os que dan os puntos. Pontevedra e U.D. Ourense, que comezan dentro de dúas fins de semana, tiveron resultados opostos. Mentres os granates caeron en Coruxo contra un equipo dunha categoría máis baixa, os encarnados triunfaron ante outro do que están dúas categorías por riba.
Dos de partidos programados, tres pertencían a torneos. No caso do Boiro, logo da súa clasificación para a final da fase galega da Copa RFEF, que xogan o sábado, tiveron que aprazar o compromiso dominical para o que se programara o Memorial Carlos Muñiz, anticipando uns días o trofeo e mudando ao Coruxo polo Arosa.
O cadro de Barraña perdeuno por penaltis nas tres últimas edicións. Desde a pandemia non é capaz de erguelo e xa van seis edicións diso. Nesta media ducia de anos, o Arosa gañouno dúas veces.
So o Pontevedra caeu no Vao, no amigable contra o Coruxo, o seu equipo B deu conta do Ribadumia, a quen derrotou na Senra para levar o Trofeo Pomarco.
O outro trofeo xogado foi o citado da U.D. Ourense, que venceu ao Barco por 2-0 levando o Memorial Xurxo Bouzo.
Entre as sorpresas do día, por darse vitorias dos equipos de inferior categoría, entran no destaque o triunfo do Lalín (5º nivel) ao Ourense C.F. (4º nivel), o do Chantada (6º), na Uceira, ao Carballiño (5º) e o do Arzúa (6º), na casa contra o Viveiro (5º).
Tamén foron inesperados, porque os inferiores empataron contra os superiores, a igualada do At. Coruña Montañeros (5º) contra o Compostela (4º) nun choque que se falara de xogar en Ordes, pero que se xogou no San Lázaro II a porta fechada; o referido empate do Boiro (5º) ante o Arosa (4º) e, finalmente, no campo neutral de Allariz, o nulo entre Antela (5º) e Auriense (6º), que xa prepara a ida da final da Supercopa Galicia que xogará o domingo en Negreira.
No que atinxe ao fútbol feminino, ningunha sorpresa e goleadas dos de Terceira Federación sobre os autonómicos. O At. Villalonga fíxolle oito ao At. Arousana no Mari Paz Vilas de Bamio e as coruñesas do Victoria B cinco ao Narón no Cadaval.
Estes son os resultados:
Masculino:
Amigable. O Vao (Coruxo): CORUXO F.C. – PONTEVEDRA C.F.: 3-1
II Memorial Xurxo Bouzo. Albán (Coles): U.D. OURENSE – CEN. DPTES. BARCO de Valdeorras: 2-0
XXXII Memorial Carlos Muñiz. Barraña (Boiro): C.D. BOIRO – AROSA S. CULT. Vilagarcía: 2-2 / 2-4
Amigable. Manuel Ángel Cortizo (Lalín): C.D. LALÍN-OURENSE C.F.: 1-0
Amigable. San Lázaro-II (Santiago de Compostela): S.D. COMPOSTELA Santiago – AT. CORUÑA MONTAÑEROS C.F.: 1-1
Amigable. Luis Cid “Carriega” (Allariz): ANTELA F.C. Xinzo de Limia – AURIENSE CENTED AC. Ourense: 0-0
Amigable. A Uceira (Carballiño): C.D. ARENTEIRO Carballiño – S.D. CHANTADA: 1-2
XXXIII Trofeo Pomarco. A Senra (Ribadumia): C.D. RIBADUMIA – PONTEVEDRA C.F. B: 1-3
Amigable. Municipal (Gallamonde): A.D. MIÑO – SILVA S.D. A Coruña: 0-3
Amigable. O Viso (Arzúa): CASINO S.D. ARZÚA – VIVEIRO C.F.: 2-1
Feminino:
Amigable. O Cadaval (Narón): C.D. NARÓN – VICTORIA C.F. B A Coruña: 0-5
Amigable. Mari Paz Vilas Dono (Bamio): AT. AROUSANA Vilagarcía – AT. VILLALONGA F. FEM. Vilalonga: 0-8
Foto: O Arosa co trofeo do Memorial Carlos Muñiz. © Arosa S. Cult.