A presenza da alcaldesa de Lugo, Elena Candia, nas cerimonias civís do Concello converteuse nunha constante a petición propia dos veciños. Son moitas as parellas que, á hora de formalizar a súa solicitude no rexistro municipal, piden de xeito explícito que sexa a propia rexedora quen oficie a unión matrimonial no canto doutros membros da corporación.
Esta proximidade e conexión coa cidadanía volveu ser protagonista nunha das últimas cerimonias celebradas na casa consistorial, na que Candia oficiou o matrimonio entre Daniel e Beatriz.
Durante o enlace, a alcaldesa dirixiuse aos contrayentes cunha emotiva felicitación centrada no valor da familia e da contorna máis cercana da parella: «Daniel e Beatriz, parabéns por este día tan especial! Que a vida vos siga regalando moitos momentos para compartir e que Erik e Izan, xunto a vós, sigan sendo o mellor motivo para celebrar. Moita felicidade nesta nova etapa.»
A preferencia de moitos veciños por contar coa alcaldesa para oficiar as súas vodas civís reflicte o seu compromiso coa vida social da cidade e a procura dun contacto directo e próximo cos cidadáns nos momentos máis sinalados das súas vidas.