O BNG preguntará pola organización do Lugo Máxico 2026

A edil do BNG Maite Ferreiro anunciou que o BNG preguntará ao goberno polo estado de tramitación da edición 2026 do Lugo Máxico, «unha das programacións de máis éxito do calendario anual do Concello, e da que a finais de agosto aínda non sabemos nada», dixo Maite Ferreiro. A edil do BNG destacou que o PP desde a oposición «sempre tiña peticións para esta actividade», e dixo que «vemos unha nova contradicción entre as reclamacións que facía o PP na oposición e a súa acción de goberno».

O BNG pedirá información ao goberno municipal para saber se o Lugo Máxico se vai celebrar este ano, en que datas, con que actividades e cal será o programa previsto. Ferreiro lembrou que «nos últimos anos Lugo tiña unha axenda cultural con actividades anunciadas con antelación, facilitando a participación das e dos veciños, do turismo e dos distintos colectivos implicados».

A edil do BNG lembrou que cada ano «Lugo convértese no centro da maxia con magos recoñecidos, tanto galegos como do resto do estado e do mundo», e lembrou que cada ano o Lugo Máxico contou con múltiples actividades incluíndo galas, actividades nos centros de ensino e sesións solidarias no HULA.

Comparte éste artículo
No hay comentarios