O próximo martes día 25 de Agosto, ás 11:00 da mañá, no salón de tertulias do Liceo de Ourense, queremos convidarvos ápresentación do festival PeDRa’26 -un festival para o saber herdado, o científico e o creativo-.
Nesta 6ª edición do festival está dedicada ao Val de Ourense como nó de camiños, co gallo da celebración do Ano Oteriano neste 2026 e do Xacobeo 2027, no vindeiro ano.
Ao acto asistirán o director do festival, o investigador Óscar Penín, e Marcos Gómez Román, comisario do Xacobeo 2027.
En PeDRa seguimos co noso compromiso co rural de Ourense. PeDRadesenvolverase dende o 28 de agosto ata o 25 de setembro; contará con 5 xornadas e 4 sedes [Loiro (Barbadás), Trasalba (Amoeiro), Viduedo (Cea) e Puga (Toén).]
Esta 6ª ed. está cofinanciada pola Xunta de Galicia dentro do programa O Teu Xacobeo