A actividade gratuíta reunirá persoas caracterizadas como zombis nun percorrido polo centro de Vigo no que haberá maquillaxe, pola cidade que combinará maquillaxe, interpretación e devoción polo cinema fantástico.
Os zombis volverán tomar as rúas de Vigo como prelúdio da décima edición do Galician Freaky Film Festival. O sábado 12 de setembro celebrarase a II Galician Freak Zombie Walk, unha das actividades paralelas do GFFF que o ano pasado se converteu nun dos momentos máis multitudinarios do festival. No 2025 máis de 400 persoas uníronse á camiñata zombi pola rúa do Príncipe e preto dun cento pasaron polo posto de maquillaxe. Este ano o evento terá unha perfil solidario ao contar cunha recollida de alimentos no mesmo lugar de celebración da marcha.
A Zombie Walk do GFFF estrea nesta edición unha irmandade internacional coa Marcha Zombie da Cidade de México, unha das concentracións de mortos viventes máis multitudinarias do mundo, que reúne arredor de 10.000 participantes. Seguindo o modelo das irmandades entre cidades, ambas marchas establecerán lazos de colaboración e intercambio cultural, converténdose en eventos irmáns a ambos lados do Atlántico. Deste xeito, a horda zombi viguesa camiñará simbolicamente xunto á mexicana, unindo a cultura freak galega e mexicana nunha mesma celebración internacional.
Que é unha Zombie Walk?
Unha zombie walk é unha marcha ou desfile na que as persoas participantes se caracterizan como zombis, imitando o seu aspecto e comportamento. As persoas participantes vístese con roupas rotas, utilizan maquillaxe para simular feridas, sangue falso e camiñan de maneira estrana, como nos filmes de terror. Máis alá do seu aspecto espeluznante, trátase dunha expresión artística e de ocio que promove a reunión social de amantes do cine de xénero fantástico. Trátase dunha actividade de balde e aberta á participación de persoas de todas as idades.
Programa
A xornada comezará ás 17:00 h coa apertura do Toucador Zombie, situado nas inmediacións do Museo MARCO. Un equipo de maquilladores e maquilladoras profesionais encargarase de caracterizar os participantes que se acheguen, empregando materiais hipoalérxicos e dermatoloxicamente testados. Recoméndase acudir con antelación para acurtar tempos de espera e facilitar o traballo das maquilladoras.
Ás 20:00 horas terá lugar a convocatoria dos zombies para recibir as instruccións e dar comezo á marcha. A Zombie Walk arrancará ás 20:15 horas e percorrerá aproximadamente 800 metros desde o MARCO ata a Porta do Sol, pasando pola rúa Príncipe, a Praza da Princesa, Joaquín Yáñez, a rúa da Oliva, a Praza da Igrexa, Cesteiros e a Praza da Constitución. A duración estimada é duns 45 minutos, ao tratarse dunha marcha lenta e aberta a persoas de todas as idades.
Unha vez chegada a horda zombie á Porta do Sol, a actividade continuará coa Pasarela Zombie, prevista a partir das 21:30 horas. As persoas participantes exhibirán as súas caracterizacións diante do público e dun xurado formado por profesionais do audiovisual especializados en efectos especiais e deseño. Valoraranse a creatividade, a calidade da maquillaxe e do vestiario e a interpretación do personaxe. O gañador será nomeado Zombie Freak 2026 e recibirá unha banda identificativa e agasallos do festival.
X EDITION: CELEBRANDO UNHA DÉCADA DE FREAKISMO
O Galician Freaky Film Festival afonda na esencia máis freaky do cine, celebrando a cultura audiovisual máis alternativa e de culto. O festival internacional de cine fantástico e freak de Vigo ofrece unha coidadísima selección de curtametraxes, traendo estreas absolutas en Galicia. Ademais é o festival é único no mundo por subtitular todas as curtametraxes estranxeiras en galego. A décima edición do festival celébrase do 17 ao 26 de setembro en Vigo.
O seu ambiente único fai que cada ano aumente o exército de freaks que se achegan a Vigo para vivilo en primeira persoa. A recente incorporación á prestixiosa Federación Méliés, así como o respaldo de máis de 4.000 asistentes na súa última edición de 2025, consolidan ao GFFF como unha cita obrigatoria para os amantes do cine fantástico e alternativo en todo o mundo.