Evacuado en helicóptero un motorista grave ao sufrir unha caída no concello de Meaño

Un motorista resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída cando circulaba polo lugar de O Pazo, na parroquia de Xil (Meaño). O 112 Galicia mobilizou o helicóptero de urxencias sanitarias con base en Santiago para o seu traslado hospitalario.

O suceso tivo lugar arredor das 19:45 horas, momento no que un particular alertou ao central de emerxencias do 112 Galicia. Na chamada, o aviso informaba de que un condutor caera da súa moto no lugar de O Pazo (Xil, Meaño) e que as súas lesións podías ser de carácter grave.

Segundo confirmaron os servizos de emerxencia, no accidente non se viron implicados outros vehículos.

Ante a gravidade das feridas que presentaba o condutor, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 decidiu mobilizar de inmediato o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que se desprazou ata o lugar de Meaño para evacuar ao ferido ata o hospital de referencia.

No operativo de asistencia e seguridade viaria tamén colaboraron con rapidez:

  • Os efectivos do GES de Sanxenxo.
  • Axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comparte éste artículo
No hay comentarios