O PP de Monforte anima aos veciños a participar na concentración en apoio a Ceuta este mércores 2 de setembro

O PP monfortino defende que “non é unha cuestión de confrontación nin de racismo; senón de control e estabilidade e de apoio e defensa a unha cidade española que está vivindo unha situación grave con miles de persoas campando por las súas rúas sen control”.

O PP de Monforte de Lemos anima as veciños e veciñas da cidade a participar na concentración en apoio a Ceuta convocada pola FEMP para o vindeiro mércores 2 de setembro diante dos Concellos de toda España.

A portavoz, Katy Varela, asegura que “a situación que está vivindo a cidade autónoma é límite dende que se produciu a chegada masiva a Ceuta de miles de persoas procedentes do outro lado da fronteira con Marrocos fai xa un mes sen que o Goberno de Sánchez adoptase medidas”.

A popular cre que se trata dun “asalto ás nosas fronteiras que non debe confundirse cunha crise migratoria ou un éxodo de refuxiados de guerra en busca de asilo”. 

Varela explica que “non compartimos a posición do BNG de non participar por evitar confrontación” porque “non é unha cuestión de confrontación nin de racismo; senón de control e estabilidade e de apoio e defensa a unha cidade española que está vivindo unha situación grave con miles de persoas campando por las súas rúas sen control”.

A presidenta local e portavoz cre que “é unha cuestión transversal que non debe politizarse e que debemos apoiar todos sen fisuras”. Polo tanto, convida a tódolos monfortinos e monfortinas a participar na concentración en solidariedade con Ceuta dende o respecto”.

Varela sinala, ademais, ao PSOE por defender a Sánchez por riba dos españois e ao BNG por ser socio do seu Goberno en Madrid.

Comparte éste artículo
No hay comentarios