O barrio de San Antonio, en Lugo, acolle o sábado un mercado de Nadal co apoio da Xunta

Haberá postos de venda e animación durante todo o día, con actuacións de música, maxia, teatro e conta contos.

O barrio de San Antonio de Lugo acollerá o vindeiro sábado – 14 de decembro un Mercadiño de Nadal organizado pola Asociación Cultural de Veciños e Comerciantes desta zona da cidade coa colaboración da Xunta.

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, e representantes da entidade organizadora presentaron hoxe as actividades programadas, que se desenvolverán dende as doce do mediodía ata as nove da noite fronte ao Centro Integral de Saúde (CIS).

Ás 12,00 horas abrirán os postos de venda, entre os que haberá un stand solidario no que se servirá chocolate quente en beneficio da Asociación Contra o Cancro de Lugo. Tamén se instalará un Photocall
Navideño para animar a xornada.

  Á mesma hora de apertura actuará _Trécola Producións, que presentará Monstrólogo, unha comedia teatral con monicreques. A continuación, 13,15 horas o público poderá desfrutar do espectáculo musical Un Nadal encantado, a cargo de Gemma Pardo (Gemola).

Xa pola tarde, ás 17,00, Ana Carreira protagonizará unha sesión de contacontos coa súa proposta Moito Conto. Ás 19,00 será a quenda do mago David Méndez, que sorprenderá aos presentes coa súa Caixa máxica do Nadal.

Comparte éste artículo
No hay comentarios