A programación incorpora como novidades clases de tai chi con Iolanda Teixeiro e baile galego con Noemí Picos
Ferrol, 1 de Setembro de 2026. Canido iniciará en setembro o curso 2026/27 cunha ampla oferta de actividades regulares pensada para todos os gustos e idades. O prazo de inscripción abre hoxe martes 1 de setembro. Entre as novidades deste curso destacan as clases de tai chi, impartidas por Iolanda Teixeiro, e de baile galego, con Noemí Picos. Estas propostas sumaranse ao resto das actividades promovidas polas diferentes entidades que integran a Intrabarrial de Canido.
A partir do 1 de setembro, as persoas interesadas poderán consultar os detalles das actividades, os horarios e a información relativa ás inscricións na páxina web da Asociación Veciñal de Canido: www.avcanido.org
Programación en setembro
A programación cultural de setembro incluirá tamén dúas sesións do festival “Entes Animados… e máis….”. A primeira estará dirixida ao público adulto e celebrarase o sábado 12 de setembro, ás 21.00 horas. A segunda, destinada ao público familiar, terá lugar o domingo 20 de setembro, ás 12.30 horas. Durante o videiro mes celebrarase, ademais, a primeira sesión do ciclo Asaltos Literarios (día 11 de setembro) , así como unha nova cita de O Barrio é Noso (18 de setembro).
Todas as novidades da programación difundiranse tamén a través da canle de WhatsApp de Canido, dispoñible na seguinte ligazón: