A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha neste ano 2026, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Betanzos, a8ª edición deste Programa de Formación Universitaria específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de setembro e outubro, no Cine Teatro Alfonsetti, en Betanzos.
A inscrición será gratuíta e poderá realizarse do 5 ao 17 de setembro de 2026, tanto en liña, a través da páxina web https://universidadesenior.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
- 22 de setembro: “O xigante esperto: China, a gran descoñecida”, Prof. Iván Nieto Cerdeiriña
- 23 de setembro: “Arte de vangarda: Manual de instrucións”, Prof. Fernando Agrasar Quiroga
- 29 de setembro: “As consecuencias do delito: da privación de liberdade a outras sancións restritivas de dereitos”, Profa. Eva Mª Souto García e Profa Luz Mª Puente Aba
MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
- 6 de outubro: “A revolución dixital na xestión da auga”, Profa. Miriam Timiraos Díaz
- 7 de outubro: “O coche do futuro moverase con hidróxeno?”, Profa. Socorro Castro García
- 13 de outubro: “Enerxías renovables e transición ecolóxica: o papel da cidadanía”, Prof. J. Antonio Cortés Vázquez
MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
- 22 de outubro: “Cerebro: Memoria, sono e rock and roll”, Prof. Casto Rivadulla Fernández
- 27 de outubro: “Cambio Climático: causas, consecuencias e solucións”, Prof. Salvador Fojón Polanco
- 29 de outubro: “Evolución ou extinción: eu decido”, Profa. Esther Fernández Fernández
O Programa formativo rematará cun acto de clausura e entrega de diplomas, o día 30 de outubro de 2026.
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de Betanzos e maila súa comarca, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.