O cómico Sergio Alba chega a Palas de Rei co seu desternillante espectáculo de humor «Dous rombos… Pasa para a cama», unha proposta na que o pasado estará máis presente ca nunca.
Co paso dos anos é inevitable botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade das nosas primeiras etapas. Porén, ademais de fermosas lembranzas, a infancia e a mocidade tamén gardan momentos dos que quizais non nos sentimos tan orgullosos… e que a mellor opción é enfocar desde o humor.
A través das risas, o espectáculo lembrará aquel tempo no que nos mandaban para a cama ao aparecer os dous rombos na pantalla do televisor; unha época na que pasamos do branco e negro á cor sen darnos conta e que foi abrindo paso a unha nova forma de ver e vivir a realidade.
Para asistir a este show retroactivo só precisades dúas cousas: gañas de desconectar da rutina dixital e aceptar o reto de rirnos do noso lado máis analóxico.
Data, lugar e venda de entradas
- Lugar: Auditorio da Casa da Cultura de Palas de Rei.
- Data e hora: Luns 14 de setembro (festivo local) ás 19:30 h.
- Venda de entradas anticipadas: Ya dispoñibles nos locais Casa do Outeiro e Bocata Way (Palas de Rei), así como a través das redes sociais no perfil @dousrombos.
Evento organizado coa colaboración do Concello de Palas de Rei.