Venceredes, pero….Por @DulceCorcu

Vistos os resultados electorais en Sajonia – Anhalt (Alemania) tamén parecen convencer, se nos retrotraemos a esa mítica frase atribuída a Unamuno. A vitoria incontestable da ultradereita do AfD remata co freo dos alemáns a un nazismo que pesa na súa historia, pero volven abrazar cun partido no que o líder é abertamente trumpista e pro israelí, e xa con iso poden intuirse as principais medidas a imprantar en caso de que goberne. 

E por suposto, unha delas é que ese nazismo histórico deixe de coñecerse como tal, que caia no esquecemento e as novas xeracións non sexan conscientes do aterrador pasado do que veñen. O mesmo que a ultradereita española, tan preocupada en derrubar a Memoria Democrática onde sexa que tocan un pouco de poder. Non vaia ser que os recoñezan naqueles outros que tanto empeño poñen en deixar atrás. Eliminar a Educación inclusiva e separar aos nenos e nenas con dispacadidade ou rerirar o apoio ao programa «Escola sen Racismo» tamén forman parte das súas propostas educativas que, coma non, prohibirá todo tipo de símbolos LGTBI e bandeiras arco iris nas aulas. Non falemos de inmigración e de algo tan básico como permitir aos nados no país obter a nacionalidade alemana, porque todo iso será revisado en aras dun país branco, loiro e alemán, agás para os membros do partido como Alice Weidel, casada cunha cidadá de Sri Lanka e con residencia en Suiza. A homosexualidade é unha desviación sexual sempre e cando non nos afecte a nós, igual que o matrimonio é só lexítimo entre home e muller a menos que queiramos casar cunha parella do noso xénero. Como non lembrar a Javier Maroto, deputado do PP que votaba NON ás vodas igualitarias e despois casou aos dous meses co seu mozo. Con presenza de Mariano Rajoy e todo, á sazón presidente de España daquela, cando xa tiñan eses matrimonios recorridos no Constitucional. É a hipocrisía elevada á máxima potencia, coa singularidade de que os votantes non se dan por aludidos. O eterno «mexan por nós e dicimos que chove» que se recrudece en tempo de eleccións. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios