O Festival PeDRa reuniu a máis de 600 persoas ao longo do seu primeiro fin de semana e xa se prepara para unha segunda fin de semana en Viduedo e en Puga

PeDra é un festival que se celebra en poboacións de menos de 300 habitantes e que ven consolidando un público fiel, que se achega aos espazos rurais da Provincia para poder gozar dunha experiencia diferente.

Pedra’26 continuará esta fin de semana coa súa programación nas aldeas de Viduedo (Cea) e de Puga (Toén), o sábado 12 e domingo 13, respectivamete.

📅

 12 DE SETEMBRO | VIDUEDO (Casa do Alén – Cea)
(https://maps.app.goo.gl/k4KiWGPs1LfFjN7t9)

❣

 10:00 h – Andaina e visita aos proxectos sociais e culturais da contorna

🥇

 Iº Premio ao compromiso cultural. [ao rematar a andaina]

🍽

 14:00 h – Xantar vegano/vexetariano 

🕺

 19:00 h – Concerto de AXEIGO

📅

 13 DE SETEMBRO | TOÉN (Carballeira de Puga)
Lugares: Carballeira de Puga (https://maps.app.goo.gl/K4TXSCDow342qSWK9?g_st=iw)

🚣

 10:00 Ruta guiada dende a Carballeira de Puga “Os portos da Ribeira do Miño” – Asoc. Amigos Patrimonio de Toén.

🧺

 12:00 Obradoiro de cestería – Será por Vimbios.

📖

 12:30 Contacontos – Anxo Moure.

🎸

 13:30 Concerto – Columna Vegana
 

Esta 6ª ed. está cofinanciada pola Xunta de Galicia dentro do programa O Teu Xacobeo

Comparte éste artículo
No hay comentarios