Nova xornada sen premio de vitoria para o Ineltrón Santo Domingo Betanzos na Copa Galicia de baloncesto. Malia competir con intensidade durante boa parte do encontro, o conxunto betanceiro acabou cedendo por 79-69 na súa visita ao pavillón do Calvo Basket Xiria.
O equipo visitante dominou a primeira metade con gran solvencia, marchando aos vestiarios con vantaxe no marcador (35-36). Con todo, o punto de inflexión produciuse no tramo final do terceiro cuarto: un parcial de +10 nos últimos tres minutos permitiu aos locais tomar un colchón de puntos que xa xestionaron ata o bucina final.
A nivel individual, destacou o gran partido de Abelleira (18 puntos), ben acompañado por unha anotación coral na que sumarons Latas (9), Ríos (9) e o xúnior Arón Espiñeira, Randolph, Rozas e Javi González (8 puntos cada un).
O adestrador betanceiro, José Amando Pena “Soviético”, valorou así o choque: “O partido servíunos para probar sistemas de xogo tanto na faceta ofensiva coma defensiva. Cando tiñamos o partido controlado ata o ecuador do terceiro cuarto, unha serie de erros ofensivos permitiron ao Xiria cobrar unha ampla vantaxe. Domináronnos o rebote nos dous taboleiros, permitíndolles ata dúas ou tres accións de ataque sucesivas. Temos que seguir traballando para corrixir certos detalles”.
A vindeira semana, o Ineltrón Santo Domingo recibirá no seu pavillón a un dos grandes clásicos da categoría, o Ucoga Seguros Chantada.
Sabor agridoce para os equipos da canteira
A fin de semana do 12 e 13 de setembro deixou un balance de dúas vitorias e dúas derrotas para os equipos da base do club:
- Xúnior Masculino e Feminino: Arranque inmellorable de liga con senllas vitorias fronte ao CB Cambre e ao CB Montrove.
- Liga Galega (Infantil e Cadete): Derrotas contundentes para o Warnier Informática (infantil feminino) e o J. Caamaño Arquitecto (cadete masculino) ante a calidade das formacións do Básquet Coruña.