Iuminación deficiente e dificultades na accesibilidade por non rozar, sen auga quente dende fai meses porque o subministro eléctrico se presta cun xenerador, madeiras rotas e vestiarios nun estado deplorable evidencian que “a alcaldesa se esqueceu que estas instalacións son competencia do Concello”.
O PP de Vilalba incide en denunciar a falta de mantemento das infraestruturas deportivas de titularidade municipal por parte do goberno de PSOE e Vilalba Aberta que dirixe Marta Rouco.
Os concelleiros do Partido Popular advirten do “lamentable” estado das instalacións deportivas do campo de herba artificial da Madalena que son “un fiel reflexo da xestión socialista nos últimos 7 anos á fronte do Concello”.
Concretamente, consideran “irrisorio” que o subministro eléctrico destas instalacións se estea a prestar cun xenerador, o que deriva “na falta de auga quente nos vestiarios deste campo de fútbol dende fai meses”. Ademais, “non se realizou ningún tipo de traballo de roza ou poda” de forma que “as matogueiras invaden as zonas de acceso e tapan os focos”. É dicir, “hai problemas de accesibilidade e de iluminación pola deixadez do goberno local”. Así mesmo, os populares engaden que “o céspede está levantado e descoidado nalgunhas zonas, hai madeiras rotas e o estado dos vestiarios é “deplorable”.
“A pesar de que fai uns días a alcaldesa presumía de mellorar as instalacións, parece que se esqueceu que o campo de fútbol de céspede artificial de Vilalba tamén é competencia do Concello”, apuntan.
Os concelleiros do PP lembran que “levan anos sen realizar ningún tipo de mantemento nos vestiarios” de forma que “o seu deterioro vai a peor”. De feito, os populares xa advertiran do seu mal estado en maio do ano pasado “sen que o goberno local tomara ningún tipo de medidas para a súa conservación”.
Os populares lembran que, nos últimos anos, “sucedéronse os incidentes nas instalacións deportivas do Concello -xa fora no estadio da Madalena, nos vestiarios ou no pavillón municipal- debido “á falta de mantemento por parte do goberno municipal”.
Dende o PP subliñan o seu apoio ao deporte local e afean que “este goberno non sexa capaz de manter unhas instalacións das que os vilalbeses estabamos moi orgullosos”.
Os popular urxen ao goberno de PSOE e Vilalba Aberta a adoptar as medidas necesarias para manter en boas condicións as instalacións deportivas e, neste caso, garantir a seguridade nas distintas zonas do recinto e o subministro de auga quente nos vestiarios do campo de céspede artificial.