A Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral organiza a primeira edición do Concurso de Fotografía José Gestal «Cardoña«, un certame financiado pola área de Cultura da Deputación da Coruña que nace co obxectivo de reivindicar e homenaxear a figura e obra do histórico fotógrafo José Gestal «Cardoña», referente fundamental da memoria visual e da cultura galega.
O concurso está aberto a calquera persoa física maior de 18 anos, xa sexa profesional ou afeccionada á fotografía. As temáticas do certame centraranse no retrato, reportaxe, documentalismo e tradición.
Dentro das bases do concurso hai detalles relevantes a ter en conta e están dispoñibles na web culturaaberta.gal O primeiro premio será de 1000 euros, o segundo de 400 e o terceiro de 200. Nesta edición hai un premio especial para as fotografías tomadas en Carral de 200 euros, ainda que tamén optan aos outros premios. Este premio está patrocinado por Celebra con Olivia.
O prazo para presentarse remata o 15 de decembro. As imaxes deben enviarse por correo postal, ou acudindo presencialmente á Casa da Cultura de Carral (Rúa Paleo nº 17, 15175 Carral, A Coruña). Para calquera consulta pode enviarse un email concursofotojosegestalcar@culturaaberta.gal
Fotografía: José Gestal «Cardoña» en 1971. Este fotógrafo dará dende agora a nome ao concurso fotográfico organizado por Cultura Aberta.