Ao PP de Lugo non lle convence o plan de residencias da Xunta e dedícase a confundir sobre os centros de maiores da Deputación
O goberno provincial amosa a súa “perplexidade” porque os representantes do PP, en vez de saír a defender o plan de novas residencias que acaba de presentar a Xunta, se centren en continuar promovendo unha “confusión interesada” respecto á actualización das tarifas das residencias da Deputación de Lugo.
“Semella, que aos membros do PP tampouco lles convence o plan da Xunta, no que case a metade das novas prazas anunciadas serán totalmente privadas. E todo apunta a que o resto, o 60%, serán prazas concertadas. Fronte a un modelo provincial no que a propiedade dos edificios e a dirección e a xestión dos centros de atencións a maiores son totalmente públicas, a Xunta aposta por residencias concertadas”, sinalou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera.
As tarifas das residencias da Deputación de Lugo non subiron un 60% e as máis altas están por debaixo das equivalentes nas residencias da Xunta
O custo efectivo dunha praza nunha residencia provincial é de 2.358 euros, pero ninguna persoa paga o 100%.
A Deputación actualizou as tarifas que pagan os usuarios das residencias provincias tras oito ano sen seren revisadas.
As tarifas van por tramos de rendas. No tramo máis alto, o prezo máximo que poden chegar a pagar os usuarios é de 2.200 euros ao mes. Pero NON todos os usuarios pagan ese prezo, senón que este depende da súa capacidade económica.
Das aproximadamente 400 persoas que residen nos nove centros da Deputación que están en funcionamento, o 25% viron incrementadas as tarifas en menos de 60 euros ao mes e o 50% en menos de 200 euros.
Como se calculan as tarifas dos centros da Deputación
As tarifas dos centros de maiores da Deputación calcúlanse en función do patrimonio líquido das persoas usuarias, é dicir, a pensión e os aforros. Os primeiros 10.000 euros en cómputos bancarios non computan e tampoco outro tipo de patrimonio, como bens inmobles e fincas.
Ademais, as tarifas calcúlanse tendo en conta as variacións nas capacidades económicas das persoas usuarias. Non son cantidades inamovibles.