A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha neste ano 2026, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Arteixo, a 5ª edición deste Programa de Formación Universitaria específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro, no Centro Arteixo Innovación, na Avenida Arsenio Iglesias (Parcela 46) de Arteixo.
A inscrición será gratuíta e poderá realizarse do 19 de setembro ao 1 de outubro, tanto en liña, a través da páxina web https://universidadesenior.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
- 5 de outubro: “O xigante esperto: China, a gran descoñecida”, Prof. Iván Nieto Cerdeiriña
- 6 de outubro: “Arte de vangarda: Manual de instrucións”, Prof. Fernando Agrasar Quiroga
- 13 de outubro: “As consecuencias do delito: da privación de liberdade a outras sancións restritivas de dereitos”, Profa. Eva Mª Souto García e Profa. Luz Mª Puente Aba
MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
- 19 de outubro: “A revolución dixital na xestión da auga”, Profa. Miriam Timiraos Díaz
- 20 de outubro: “O coche do futuro moverase con hidróxeno?”, Profa. Socorro Castro García
- 26 de outubro: “Economía aplicada e transición ecolóxica: enerxías renovables”, Profa. Lucía Paz Aldrey
MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
- 3 de novembro: “A saúde que nace da participación”, Profa. Silvia Veiga Seijo
- 5 de novembro: “Cambio Climático: causas, consecuencias e solucións”, Prof. Salvador Fojón Polanco
- 9 de novembro: “Evolución ou extinción: eu decido”, Profa. Esther Fernández Fernández
O Programa formativo rematará cun acto de clausura e entrega de diplomas, o día 13 de novembro de 2026.
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de Arteixo e maila súa contorna, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas, como ven facendo en diferentes vilas e comarcas desde a súa primeira edición no ano 2018.