O PP de Foz volve criticar o plan de mobilidade e os cambios de tráfico impulsados polo goberno de Cajoto

Finalmente, o portavoz do PP de Foz defende a necesidade de modificar aquelas medidas que están xerando problemas aos veciños. “Dende o Partido Popular estamos confiados en que, nun futuro próximo cando volvamos a gobernar, ese plan fallido poda ser modificado e rectificado para facer a vida aos veciños de Foz moito máis cómoda e moito máis moderna”, conclúe Castiñeira.

O Partido Popular de Foz volve cuestionar os cambios de tráfico e o plan de mobilidade impulsados polo goberno de Cajoto, unha cuestión que os populares veñen criticando dende a súa implantación e sobre a que, segundo sinalan, o paso do tempo non fixo desaparecer o malestar existente entre os veciños.

O portavoz do PP, Javier Castiñeira, considera que as recentes explicacións do alcalde sobre estas actuacións evidencia a preocupación do executivo local ante as críticas recibidas.

Castiñeira asegura que as explicacións do alcalde evidencian que “algunha alarma lle debe soar” ante o malestar existente entre os veciños. “Algunha alarma lle debe soar ao señor Cajoto cando se pon a dar explicacións sobre os cambios de tráfico que fixou e agora queira maquillar unha realidade que vai en contra da opinión xeral dos veciños”.

O portavoz popular insiste en que os cambios introducidos no tráfico provocaron problemas que o PP xa advertiu en anteriores ocasións. “Todo o mundo en Foz sabe que os cambios de tráfico do señor Cajoto trouxeron moitísimas incomodidades e empeoraron a circulación”, sinala.

Para o PP, o problema non se limita a unha actuación concreta, senón a propio desenvolvemento do plan de mobilidade. “Os cambios de tráfico, ademais de ser un auténtico fracaso, foron gastacartos, cun custo aproximado duns 15.000 euros na redacción do plan que logo incumpriu en varias ocasións e de case 2 millóns de eiros nas obras realizadas entre aportacións da Deputación de Lugo e do propio Concello, de obras retrasadas, mal planificadas e que están causando, como dicíamos antes, incomodidades aos veciños dende o primeiro día ata o día de hoxe”, afirma.

Castiñeira considera que o goberno local debería asumir as críticas e revisar aquelas medidas que non estean funcionando. “Isa é a realidade, descontento, descontrol e incapacidade do señor Cajoto para recoñecer os fallos e rectificar, que sería algo lóxico e normal”, indica.

Finalmente, o portavoz do PP de Foz defende a necesidade de modificar aquelas medidas que están xerando problemas aos veciños. “Dende o Partido Popular estamos confiados en que, nun futuro próximo cando volvamos a gobernar, ese plan fallido poda ser modificado e rectificado para facer a vida aos veciños de Foz moito máis cómoda e moito máis moderna”, conclúe Castiñeira.

Comparte éste artículo
No hay comentarios