O PP esixe ao BNG que aclare a saída de material sin autorización do Concello de Lugo

O Grupo Municipal Popular considera que a explicación ofrecida polo BNG, afirmando que era “material excedentario acumulado procedente de etapas anteriores”, non responde ás cuestións fundamentais sobre a súa saída das dependencias municipais.

“Os excedentes de material propiedade do Concello seguen a ser propiedade do Concello. Son materiais comprados con cartos públicos e pertencentes ao Concello de Lugo”, sinalan os populares.

O grupo municipal do BNG ten que expricar cuestións moi concretas:

Quen autorizou a entrega dese material? Cando se autorizou? Con que criterios se decidiu que podía ser entregado a terceiros? E como acabou finalmente en mans dunha concelleira da oposición?

Os populares consideran que cualificar un material como “excedentario” non explica en absoluto como saíu dos almacéns municipais, quen autorizou a súa saída nin en virtude de que decisión deixou de estar baixo custodia do Concello.

“Alguén tivo que decidir que o material propiedade do concello podía saír dos almacéns municipais e alguén tivo que autorizar a súa entrega. O BNG debe explicar quen o fixo, cando e con que criterios”, sinalan.

O Grupo Municipal Popular insiste: como material propiedade do Concello acabou nas mans dunha concelleira da oposición?

“Non estamos a falar de material do BNG nin de material particular. Estamos a falar de material municipal, comprado con fondos públicos e propiedade do Concello de Lugo. Que sexa excedentario non fai que deixe de pertencer ao Concello”, subliñan.

Por iso, os populares reclaman ao BNG que dea resposta ás preguntas que segue deixando sen contestar:

¿Como saíu o material municipal do Concello? ¿Cando? ¿Quen autorizou a súa entrega? ¿Con que criterios? E por que acabou en mans dunha concelleira da oposición?

“Excedentario non significa propiedade do BNG: O material do Concello é dos lucenses. Non pode converterse en material ao servizo dunha organización política nin dos seus representantes”, conclúen.

Comparte éste artículo
No hay comentarios