A RFGF e AGAXEDE organizan en Santiago a I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala o vindeiro 9 de outubro

A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), en colaboración coa Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), celebrará o vindeiro 9 de outubro a I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala. O evento terá lugar no salón Amancio Amaro, situado na sede federativa en Santiago.

O encontro contará coa participación de destacados relatores expertos na materia, quen abordarán os retos actuais na administración e dirección de entidades deportivas.

A xornada está dirixida principalmente ás persoas encargadas da xestión en clubs de fútbol e fútbol sala, aínda que o prazo de asistencia permanece aberto a calquera persoa vinculada ao sector, incluíndo a representantes de clubs doutras disciplinas.

A inscrición é de balde, aínda que as prazas son limitadas e o acceso estará aberto ata completar o aforo do recinto.

Comparte éste artículo
No hay comentarios