In The Corner 25 de setembro de 2026

O episodio comeza cunha extensa introdución sobre a dilación da RFGF para establecer un plan competicional nas categorías de base a tres semanas do pretendido comezo desas ligas.


Logo, ao tempo de abordar a actualidade dos nosos equipos, incluímos a comparecencia ante os medios de Alberto Rodríguez, técnico do Deportivo.
O remate, tras presentar a nova xornada de Terceira Federación, foi unha entrevista con Mario Gómez, presidente do Rosalía, que acaba de cumprir 200 partidos oficiais e afronta un choque contra o Boiro con varias anécdotas históricas e estatísticas.

Foto: Mario Gómez (Esc. F. Fem. Rosalía). © Esc. F. Fem. Rosalía

Comparte éste artículo
No hay comentarios