Un ano máis, coincidindo coa celebración das festas do San Froilán 2026, o restaurante Tosar by Boni e Valinlibros únense para inaugurar unha nova proposta cultural no establecimiento. Baixo o título “Homenaxe aos gaiteir@s”, a exposición abre as súas portas para render un merecido tributo aos músicos tradicionais que vertebran a festa e a cultura galega.
Unha ducia de creadores para inmortalizar a gaita
A mostra destaca pola calidade e variedade das súas pezas, integrando un total de 17 cadros e unha escultura firmados por destacados creadores do panorama artístico coma Emilio Novoa, Miguel Macía, Xermán Refojo, José María Lugilde, Juan Miguel de Prada, Paco Pestana, Suso Barral, Castro Gil, Xoán Vila e Gonzalo Fernández.
Para enriquecer o percorrido expositivo, o proxecto complétase cunha pequena e entrañable colección de postais e fotografías antigas de gaiteir@s, ofrecendo unha viaxe visual pola tradición musical de Galicia.
Datas e horarios
A exposición estará aberta ao público do 1 ao 18 de outubro no propio restaurante Tosar by Boni, situado na Rúa do Miño, número 8, e poderá visitarse coincidindo co horario habitual de apertura do local.
Con esta iniciativa, os organizadores buscan recoñecer o papel fundamental dos gaiteir@s, testemuñas e motores festivos que historicamente deron vida e alma ás romarías e celebracións populares de toda a terra.