O PP critica o “sectarismo” de PSOE e BNG por negarse a pedir disculpas públicas aos veciños de Ribadeo despois de que a xustiza declarase nula a multa de 25.000€ dende a Deputación provincial ao Concello

Ameijide afirma que con Carmela López “non hai ningún tempo novo” senón que segue a manter “os vellos vicios impostos por Tomé” porque “non foi capaz de facer algo tan sinxelo como pedir desculpas polo sectarismo do seu antecesor no cargo que quedou acreditado por unha sentenza xudicial”.

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a postura de PSOE e BNG que se negaron a apoiar a petición dos populares para que José Tomé e o goberno provincial pedisen disculpas públicas aos veciños de Ribadeo despois de que a xustiza anulase e deixase sen efecto a resolución sancionadora pola que se lle impuxera unha multa de 25.000 euros ao Concello de Ribadeo.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destacou durante o debate da moción que esta sentenza ratifica que a actuación do Concello de Ribadeo “foi correcta ante a necesidade evidente” de acometer labores de desbroce e limpeza de maleza nas vías provinciais para garantir a seguridade dos usuarios, unha competencia que lle corresponde á Deputación e ante a cal o ente provincial “mirou para outro lado ante as peticións de desbroce realizadas polo propio Concello”.

Antonio Ameijide denunciou o “sectarismo e a actitude autoritaria” do goberno provincial —tanto na etapa de José Tomé como con Carmela López— cos municipios gobernados polo Partido Popular.

Unha sitación que destacou durante o debate Antonio Ameijide, xa que a resolución xudicial evidencia o prexuízo económico que o executivo pretendía causar aos veciños de Ribadeo “unicamente porque o Concello realizou os traballos que a Deputación se negaba a realizar en prol da seguridade viaria”.

Unha sentenza máis en contra da Deputación que se engade a outras moitas, como derrotas xudiciais relacionadas co traslado dos traballadores de Suplusa a Tragsa —declarada nula polo Tribunal Supremo— e a condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por inactividade na apertura da residencia de maiores de Becerreá, ou, máis recentemente, a da Casa Botica en Guitiriz.

Comparte éste artículo
No hay comentarios