O catedrático de Dereito do Traballo da UOC, Ignasi Beltrán radiografió o Decreto 723 sobre condicións laborais que entrará en vigor o luns, e a maxistrada emérita do Tribunal Supremo, Rosa María Virolés analizou a reforma que afecta á Incapacidade Permanente.
Máis dun centenar de profesionais laboralistas asistiron á III Xornada Xurídica organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e celebrada onte pola tarde no Pazo de Mariñán. Os dous asuntos que se abordaron xustificaban, sen dúbida o interese espertado pois ambos están a ter moito impacto na práctica profesional diaria dos distintos operadores xurídicos: o tempo de traballo e as consecuencias derivadas da recén reforma legal en materia de incapacidade permanente. Como, por tanto, non acudir a escoitar a dous dos principais expertos neses ámbitos: a maxistrada emérita do Tribunal Supremo, Rosa María Virolés, e o catedrático de Dereito de Traballo e a Seguridade Social da UOC, Ignasi Beltrán. “As controversias ao redor do concepto de tempo de traballo e tempo de dispoñibilidade, así como a cualificación dos tempos de desprazamento esixen aclaración”, apuntou Beltrán. O mesmo todo o relacionado co rexistro de xornada e o incumprimento do mesmo e a acreditación das horas extraordinarias”.
“As controversias ao redor do concepto de tempo de traballo e tempo de dispoñibilidade, así como a cualificación dos tempos de desprazamento esixen aclaración”, apuntou Beltrán. Tamén o relativo ao rexistro de xornada e o incumprimento do mesmo, e a acreditación das horas extraordinarias. Na actualidade, lembrou o catedrático de Dereito do Traballo, “o tempo e o espazo/lugar de traballo son conceptos que se volatilizaron, as novas formas de traballo moveron as súas fronteiras”, explicou, analizando ademais o impacto do Decreto 723 que regula as condicións laborais e a información que as empresas deben dar aos traballadores en materia de salario, xornada e horas extras para que sexan transparentes e previsibles e que entra en vigor o luns. O Decreto aprobado para dar cumprimento á Directiva europea ao respecto sinala que se lle ha de dar aos traballadores información, elementos por escrito detallados sobre o tempo de traballo e as súas condicións. Segundo o experto, se se quere cumprir realmente co espírito da Directiva non se deberá esquecer a necesidade de ser transparentes e non xerar escuridade asolagándolles de información”. Un aspecto controvertido, no que o Decreto se afasta do fixado na Directiva, engadiu, é que non se determinan elementos sancionadores fronte ao incumprimento. Por iso, afirmou Ignasi Beltrán, “podería pasar que a Inspección de Traballo non teña instrumentos para sancionar”, asegurando por iso que “a norma está viva e veremos como avanza”.
Sobre o sistema de rexistro, Beltrán lembrou que este ten que ser obxectivo, fiable e accesible. Tal e como confirma a recente sentenza do Supremo de abril do 2026 que determina que un rexistro que non cumpra esas características non é acorde a dereito.
Pola súa banda, a maxistrada emérita do Supremo, Rosa María Virolés abordou a reforma que afecta á Incapacidade Permanente, que espertou desasosego e preocupación no empresariado deste país e nos operadores laboralistas. “A norma está clara e simplemente esíxense axustes razoables, unha adaptación do posto de traballo unha vez que se declara a incapacidade permanente, ou un cambio de posto se a primeira non é posible”, sinalou a maxistrada Rosa María Virolés. Pero se non hai posibilidade, insistiu, o contrato seguese podendo extinguir.
A empresa non pode ser unha convidada de pedra, ten que actuar
O cambio, incidiu a experta, é que a empresa non pode ser unha convidada de pedra. Unha vez que a persoa traballadora solicita a súa incorporación, a empresa ten de actuar. “A decisión hai que motivala e comunicala pois está suxeita a recurso; os servizos de prevención da empresa teñen que actuar atendendo o perfil do traballador. Non é suficiente dicir que non está apto, hai que demostrar que intentaron facer esa adaptación. E iso é así porque o lexislador equipase ao traballador ao que se lle outorga a incapacidade permanente total a unha persoa discapacitada e por tanto calquera cuestión que afecte a un cambio no seu traballo pode ser unha vulneración dun dereito fundamental, explicou.
Esta III edición do encontro, a cuxa inauguración asistiron o presidente do TSXG, Ignacio Picatoste Sueiras, o deputado provincial José Ramón Riobóo, en representación da Deputación de A Coruña, a secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Susana Pérez Iglesias e a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Antía Sández, foi posible grazas ao apoio institucional da Deputación da Coruña, o Consello Galego de Relacións Laborais, as Consellerías de Xustiza e de Emprego da Xunta de Galicia e a colaboración de L@ndin Informática, a aseguradora GlobalFinanz, e os provedores de software Factorial e Wolter Kluwer.