A Plataforma SOS Sanidade Pública impulsa debates en dez localidades galegas polo Día Mundial da Saúde Mental

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o Movemento Galego de Saúde Mental e a Asociación de Psicoloxía Clínica do Sergas, organiza unha serie de debates que se desenvolverán ao longo desta semana en dez localidades galegas e que culminarán o próximo 10 de outubro cun acto central en Santiago de Compostela.

Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora o 10 de outubro, os encontros deste ano centraranse no binomio «Traballo e Saúde Mental», analizando como as condicións laborais modifican e afectan de maneira profunda o noso benestar psicolóxico.

Formato dos debates

Baixo o título xenérico «Saúde Mental e Traballo», cada unha das dez mesas redondas contará cunha persoa moderadora (representante da Plataforma), un/ha psicólogo/a clínico/a e un/ha representante sindical para abordar a problemática desde unha perspectiva multidisciplinar e social.

Primeira cita: A Coruña

O ciclo arranca hoxe, luns 5 de outubro, ás 20:00 horas, no Círculo de Artesáns da Coruña.

  • Participantes: Javier Sardiña (psicólogo clínico) e Lucía Peón (representante sindical).
  • Moderación: Ramón Veras, voceiro de SOS Sanidade Pública.
Comparte éste artículo
No hay comentarios