Ponteceso 0- EF. Juan Cabrejo 1. Brava victoria. Por @DulceCorcu

Tiraban de oficio as camariñanas para lograr un triunfo a domicilio nesta primeira xornada ligueira que sempre custa, pero da que saían airosas ante un Ponteceso que topaba co poderío defensivo das visitantes, moi serias atrás pero que tampouco conseguían prodigarse demasiado en ataque. 

O empate a cero reinaba no marcador ao tempo de lecer, pero nos primeiros minutos do segundo tempo e tras un saque de curruncho, Laura Pose facía un gran gol e poñía por diante á Escola Cabrejo, que axustaron aínda máis as liñas da defensa, impedindo calquera ocasión a unhas locais incapaces de poñer en apretos a Xiana, unha espectadora máis desde a súa área. Tres puntos que viaxan á Vila do Encaixe e un Ponteceso que xa pensa no seguinte partido.

Comparte éste artículo
No hay comentarios