O voceiro e dirixente socialista José Ramón Gómez Besteiro quixo render homenaxe a Xosé Manuel Beiras tras o seu pasamento, destacando o seu legado histórico na política galega.
Besteiro definiu a Beiras como «unha das grandes figuras políticas de Galicia», subliñando o papel fundamental que desempeñou na construción do autogoberno e no debate público do país ao longo das últimas décadas.
Así mesmo, o dirixente do PSdeG puxo en valor os puntos de encontro políticos e persoais que compartiron, sinalando que, máis alá das siglas, «uníanos a convicción profunda de que non hai progreso posíbel sen xustiza social». Con estas palabras, Besteiro súmase ás mostras de condolencia e recoñecemento institucional cara a unha das voces máis influentes da historia recente de Galicia.