A deputada de cultura, Natividade González, participou esta mañá na presentación, xunto a ao director do festival, Gonzalo E. Veloso; o director da Axencia Galega de Industrias Creativas, Jacobo Sutil e a directora da Fundación Luis Seoane, Carmen Jiménez.
O Festival Internacional de Cine da Coruña presentou hoxe toda a programación das seccións competitivas da IX edición, que se celebrará do 13 ao 17 de outubro. O festival reafirma a súa vocación internacional cunha selección construída arredor do descubrimento: filmes que chegan á Coruña en estrea mundial, española ou galega. No acto participou Natividade González, a deputada de cultura; Gonzalo E. Veloso, director de INTERSECCIÓN; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Carmen Jiménez Jiménez, directora da Fundación Luis Seoane; presentaron as tres seccións competitivas desta edición —Galicia, Internacional e Fulgor—, que trazan unha panorámica do presente audiovisual desde a creación galega, as novas voces do cinema estatal e unha ampla selección de propostas internacionais.
A deputada sinalou que un dos grandes valores de INTERSECCIÓN é “dar espazo a outras maneiras de facer cinema, a propostas que arriscan, que experimentan e que non sempre teñen cabida nos circuítos comerciais, porque o cinema tamén ten que servir para incomodarnos, para facernos preguntas, para descubrir outras realidades e, sobre todo, para ofrecernos outras maneiras de mirar o mundo”. Ademais, Gonzálezapuntou que “en Galicia temos talento, temos creadoras e creadores cunha enorme capacidade artística e temos unha produción audiovisual que está demostrando que se poden facer cousas moi interesantes desde aquí, cunha voz propia e sen renunciar á nosa identidade. Que un festival como INTERSECCIÓN sitúe esa creación galega en diálogo co que se está facendo noutras partes do mundo é tamén unha maneira de darlle visibilidade e de abrir novas oportunidades”.
“Desde a Deputación entendemos que o apoio á cultura debe contribuír a garantir a diversidade, a liberdade creativa e o acceso da cidadanía a propostas culturais diferentes. Por iso consideramos tan importante acompañar festivais coma este, que ademais de ofrecer unha programación cinematográfica, crean espazos de encontro, de reflexión e de intercambio entre profesionais e público”, engadiu.
INTERSECCIÓN reforza nesta edición a súa dimensión como punto de encontro para a industria audiovisual. Máis dun centenar de profesionais da produción, a programación, a distribución, a dirección de festivais, a crítica ou a xestión cultural participarán nas diferentes actividades profesionais, coa presenza de entidades e festivais nacionais e internacionais. Máis da metade proceden de fóra de Galicia e o 25% persoas participantes chega do estranxeiro, unhas cifras que amplían a capacidade do festival para conectar creadoras e creadores con profesionais, festivais e estruturas do sector dentro e fóra do país.
Así ao longo de cinco días A Coruña acollerá unha proposta cultural asentada que concentra todas ás áreas da industria audiovisual e que as achegará ao público cunha completa axenda que se desenvolverá en Cantones Cine, Filmoteca, Fundación y Palexco.