Xa dispoñible un novo programa de Amor con interese en Agalega.gal con Mia Skylar, a creadora de contido galega chega para revolucionar o dating show. A coruñesa é unha das personalidades máis destacadas das redes sociais na actualidade con máis de un millón de seguidores, entre instagram e tiktok, e máis de 200 mil suscriptores en YouTube. Neste novo programa Skylar terá dúas citas, unha mentira e un cibercarracho por descubrir. Será un impostor, que está guionizado por unha Intelixencia Artificial e simulará durante toda a cita ser a súa parella ideal.
En cada capítulo de Amor con interese reciben a un solteiro ou solteira que vai buscar o amor. Eles están convencidos de que terán unha cita normal e corrente como nos típicos programas de citas pero o presentador, o influencer galego Salseología, interrumpirá con varias sorpresas baixo a manga.
Coa súa estrea o pasado mércores 14 de Outubro o programa acadou o millón de visualizacións acumuladas en redes sociais e meteuse no TOP 10 programas máis vistos da plataforma de streaming AGalaga.
Este novo formato de citas galego está creado e dirixido por Alex Novo e producido por Brava e contará cun novo programa cada mércores en AGalega .