O Concello plantará un total de 32 árbores nun espazo renovado no que só había unha, e que contará ademais con máis de 1.200 metros cadrados de zonas verdes, a tripla do existente antes das obras.
O Concello vén de plantar esta mañá nos Cantóns unha nova árbore, unha gran aciñeira de oito metros de altura e 35 anos que desde hoxe substitúe ao exemplar de metrosidero que non foi posible recuperar. A nova aciñeira ten sete anos máis que a árbore á que susbstitúe -que non era un exemplar histórico nin catalogado- e un gran porte, e súmase as outras seis aciñeiras que xa están plantadas como parte da obra na rúa Alcalde Manuel Casás. Na rúa Santa Catalina, ademais, dispuxéronse cinco carpes, e dous máis irán en Juana de Vega.
Ademais, xunto ao obelisco atópanse tamén plantadas catro faias vermellas. Nas vindeiras semanas completarase a instalación de novos exemplares vinculados á obra de reurbanización do espazo.
Está previsto que os novos Cantóns conten tamén cun gran exemplar de algarrobo que irá ubicado na xardiñeira circular situada fronte á Fundación Barrié. Ademais, na praza de Mina instalarase tamén un grande olmo. Finalmente, ao longo do toda a nova beirarrúa en lousa de granito, disporanse 12 exemplares de loureiro en sendas macetas de gran tamaño.
Así, o Concello levará en total 32 novas árbores aos Cantóns, un espazos no que só había unha antes da reforma. A vexetación da zona completarase con 1.200 metros cadrados en parterres e xardiñeiras, unha superficie que triplica á existente. Entre outras cousas, haberá unha xardiñeira corrida de cen metros de lonxitude que estará chea de flores e arbustos.
Entre outras especies haberá glicinia, salvia, anénoma e rododendro.
A urbanización dos Cantóns supón así tamén un reverdecemento da zona, á que se suma unha redución moi significativa de asfalto. O ensanchamento das beirarrúas con enlousado de granito supón a desaparición de case 10.000 metros cadrados de asfalto.