Unhas cen familias demandan a cobertura da Pediatría ausente en Xove

Arredor dun cento de familias se concentraron hoxe diante do centro de saúde de Xove para decir basta xa ausencia de pediatra desde hai ca si un mes. A falta desta pediatra non é un contratempo puntual sinón un síntoma máis do desmantelamento da atención primaria e pediátrica na nosa comarca.
Desde a consellería de sanidade e a xerencia da área dan como solución ás familias que chamen ao centro de saúde de Burela, que está ao 50% de pediatras, e si é algo urxente atendeno alí, senón son derivadas ao PAC onde non hai pediatras.
Este é o modelo de xestión do que presume o goberno da xunta unha vergonza intolerable que deixxesprotexida á infancia e obriga as familias a desprazamentos continuos saturando outros centros, a ásumir a falta de atención aos seus fillos ou a acudir á sanidade privada si é que teñen medios económicos.
Pretenden que aceptemos esta situación é que a normalizamos é que calemos que asumamos as migallas dunha atención sanitaria deficiente, pero na mariña non somos sumisas,
loitamos polos nosos dereitos con bravura porque as nosas crianzas. teñan a atención sanitaria que lles corresponde.
Estar sin pediatra de atención primaria significa, por unha banda que o examenes de saúde que lles corresponden ás nenas e os nenos non se están a facer. Estes controis de saúde son fundamentais para o desenvolvemento infantil e ao mesmo tempo serven para detección precoz de calquera anomalia.
Por outra banda tamén a desatención a procesos do día a día ou a urxencias que son derivadas a outros centros con déficits de pediatras ou pasáña ser atendidos por personal non especialista en pediatría.
Por iso a nosa esixencia é innegociable e moi clara:

  • A cobertura inmediata e continuada da pediatra auxente nos centros de Xove e San cibrao
  • Tamén esiximos dignidade para a atención primaria pediátrica, porque coa saúde das nosas crianzas non se xoga. Sen pediatras en atención primaria de xeito estable non hai sanidade pública de calidade, e sin sanidade pública non hai futuro para Xove. Por eso dicimos que «Nin un só día sen pediatría»
Comparte éste artículo
No hay comentarios