Alexia Putellas acaba de gañar o terceiro balón de ouro. Acaso o súa calidade futbolística está tan distante da doutras futbolistas de elite que non hai espazo para outros nomes?
As colexiadas da Primeira División acaban de asinar un convenio pioneiro que lles vai dar máis estabilidade. Falamos con Yolanda Parga, a coruñesa que desde hai cinco anos está no cumio da pirámide da arbitraxe feminina española.
O Deportivo está nun momento excepcional nunha liga tola. O triunfo contra o Alavés foi un premio á constancia e a calidade. Rabuñar puntos ante o Madrid CFF é o seguinte reto.
O Deportivo B manda en Segunda Federación nunha temporada na que o Celta ofrece dúbidas e ao Victoria apértaselle a clasificación por abaixo.
Na Terceira Federación toca xornada con partidos de alta tensión. Sara García, que verá o partido desde a bancada pola súa lesión, analiza ao seu equipo, At. Villalonga, e valora o que o pode dar de si o choque contra o Peluquería Mixta.
Foto: Sara (At. Villalonga). © Arquivo persoal de Sara García