A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, acompañada polo concelleiro de Xuventude, Damián Carballo, e a concelleira de Mercados, Silvia Colmenero, e a concelleira de participación cidadá, Mar Carballas, participaron esta mañá na xornada de actividades infantís organizada na Praza de Abastos e no mercado de Quiroga Ballesteros con motivo do Samaín.
As asociacións castrexas Mercenarios, Lugdunum, Trebas Galaicas e Clan de Breogán prepararon unha mañá de diversión para os máis pequenos, con obradoiros de baleirado de cabazas, concurso de cabazas e xogos.
Esta actividade forma parte da programación de Samain que o concello de Lugo aprazou para esta xornada de domingo por mor dos día de loito decretados polo accidnete ferroviario desta semana.


Esta tarde continúan as actividades:
17:00–21:00 h · Túnel do Medo no aparcamento do Edificio Administrativo do Concello (público familiar 17.00 a 19.00 horas e público adulto de 19.00 a 21.00 hroa).
17:00 h en adiante · Actividades do Samaín: Samaín infantil, rastrexo, concurso musical, flashmob e ruta por Intramuros
18:30 h · Teatro familiar no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Maga Fani e Martín Camiña presentan «2 ilusionistas cunhas maxias subversivas». Entradas: 3 € en entradaslugo.es.
19:30 h · Concerto de Broken Peach no templete da Praza Maior
19.30 h Visita guiada «Segredos intramuros» con saída da praza do cantiño