UCIN Mos esixe solucións urxentes para o CEIP Pena de Francia tras as incidencias no patio e a falta de recursos

A comunidade educativa do CEIP Pena de Francia mobilizouse para esixir solucións inmediatas ante dous problemas críticos que afectan aos seus preto de 200 alumnos: a falta de seguridade nas instalacións deportivas e a escasez crónica de personal de apoio especializado.

A preocupación das familias disparouse recentemente despois de que seis escolares sufrisen caídas durante a celebración do magosto na pista de atletismo acondicionada polo Concello. Segundo denuncian, a superficie presenta graves deficiencias e carece dunha drenaxe axeitada, unha situación de risco que acabou provocando o peche temporal do recinto.

Falta de recursos educativos e implicación municipal

A este problema de seguridade estrutural súmase a carencia de medios pedagóxicos. Na actualidad, o centro dispón dunha orientadora compartida con outro colexio, polo que as familias reclaman con urxencia máis profesores de Pedagoxía Terapéutica e atención individualizada para o alumnado con necesidades especiais.

Durante a concentración estivo presente o candidato de UCIN a la Alcaldía de Mos, Marce Giráldez, quen quixo acompañar ás familias e á ANPA nunha reivindicación que coñece de preto, xa que foi un dos alumnos que participou na inauguración histórica do colexio. Giráldez subliñó que, aínda que a dotación de recursos correspóndelle á Consellería de Educación, o Concello debe implicarse de forma activa e esixir respostas á administración autonómica.

«As familias non están pidiendo favores. Están reclamando seguridade, igualdade de oportunidades e recursos para os seus fillos. Un colexio debe ser un lugar seguro para aprender e crecer. Os nenos non poden esperar» , sinalou Giráldez, reiterando o compromiso de UCIN Mos coa educación pública e coa igualdade de servizos en todo o municipio.

Comparte éste artículo
No hay comentarios