Un paciente denuncia un “retraso inaceptable” de 33 meses en Urología en el Hospital da Mariña

Un veciño de Foz, Tanis Moreda, fixo pública a través das súas redes sociais dunha reclamación dirixida á Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, unha situación de «demora inxustificada» e «vulneración do dereito á atención médica» no Hospital da Mariña.

Segundo recolle o escrito formalizado o pasado 31 de outubro, o paciente solicitou unha cita en febreiro de 2022 para unha segunda consulta no Servizo de Urología, co prazo inicial de ser atendido en febreiro de 2023. Con todo, transcorrido ese período e despois de presentar cinco reclamacións (dúas telemáticas e tres presenciais no Servizo de Atención ao Paciente), a última delas o 14 de marzo deste ano, o afectado segue sen obter unha cita efectiva.

Incumprimento das garantías sanitarias e perda de oportunidade

Na súa exposición, o paciente advirte de que se superan amplamente os prazos máximos establecidos tanto na Lei 12/2013, do 9 de xullo, de garantías de prestacións sanitarias, como no Decreto 105/2017, do 28 de setembro, que fixan os tempos de espera máximos para atención especializada.

O denunciante sinala que leva 33 meses en espera, o que supón unha «perda de oportunidade terapéutica e un risco evidente para a saúde».

Reivindicacións e petición de responsabilidades

Ante esta situación, o afectado solicita formalmente:

  1. Que se lle garanta unha cita inmediata no Servizo de Urología no prazo de 10 días, ou que se lle ofreza de forma subsidiaria a derivación a un centro concertado a cargo do Sergas, tal como recolle o artigo 7 da Lei 12/2013.
  2. Que se inicie un expediente de responsabilidade patrimonial por funcionamento anómalo do servizo sanitario debido a esta demora prolongada.
Comparte éste artículo
No hay comentarios