Candia aborda co novo conselleiro de Medio Ambiente os proxectos de saneamento de Esperante, a Protectora e o parque canino de Fontiñas

O encontro institucional serviu para compartir información sobre estas actuacións municipais, que se atopan en distintas fases de tramitación e execución.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello o conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Nicolás Vázquez Iglesias, con motivo da súa recente incorporación ao Goberno galego.

Durante a reunión, Elena Candia e Nicolás Vázquez Iglesias abordaron o proxecto de saneamento de Esperante, que se atopa en fase de tramitación, así como as obras de ampliación e mellora da Protectora de Animais e do parque canino de Fontiñas, actualmente en execución.

O encontro permitiu compartir información sobre estas actuacións municipais relacionadas coas competencias da Consellería de Medio Ambiente.

Comparte éste artículo
No hay comentarios