El CD Lugo arropa a su equipo Genuine en el Anxo Carro antes de arrancar una nueva temporada en LALIGA GENUINE Moeve

O Club Deportivo Lugo reuniu este venres no estadio Anxo Carro a varios integrantes do primeiro equipo e do conxunto Genuine nunha tarde de reencontros, sorrisos e convivencia, a tan só unha semana de comezar unha nova tempada en LALIGA GENUINE Moeve.

O técnico albivermello, Borja Fernández, xunto cos xogadores Álex Gallar, Mateo Muñoz e Jorge Candal, achegáronse ao céspede para acompañar aos seus compañeiros e compañeiras do equipo inclusivo. Durante a xornada, puideron charlar, compartir anécdotas e desexarlles a maior das sortes de cara ao inicio liguero que arrancará a vindeira fin de semana en Tarragona.

Unha xornada de convivencia e valores albivermellos

A tarde estivo marcada polo compañerismo e tamén polas sorpresas, cun reparto especial de agasallos a todos os integrantes do equipo Genuine que puxo o broche de ouro a unha xornada inesquecible.

Este tipo de iniciativas volven a poñer de manifesto os fortes lazos que unen a toda a familia albivermella, consolidando o compromiso do CD Lugo co deporte inclusivo, a integración e os valores compartidos antes de emprender esta nova aventura chea de ilusión e fútbol.

Comparte éste artículo
No hay comentarios