Paseo copeiro do Celta ante un Salamanca desordenado (0-5)

Como hai dúas campañas, o Celta eliminou ao Salamanca no Helmántico. A diferenza estivo nos dous goles menos que os de Claudio Giráldez anotaron nesta ocasión. Jutglà e Swedberg, que mandou á rede os seus dous primeiros remates, dobraron, e Antañón, no medio de ambos, anotou o 0-3 a piques de chegar ao descanso. No segundo tempo, con media hora por diante, foi expulsado o ex sarriano Levrand. O Celta pasou facilmente a primeira eliminatoria da Copa nas estreas co equipo de Bayindir, Miller e Vladimir. Arcos, que xa o fixera na sesión anterior, tamén gozou dos seus primeiros minutos nesta temporada.

O Celta aproveita a pésimo traballo defensivo local

Giráldez foi a Vilares da Raíña cun once moi diferente ao mesmamente variable da liga. Bayindir estreouse na porta, Faye volveu ter espazo logo do seu desastroso primeiro tempo contra o Athletic, Burcio xogou na liña de tres centrais, Miller por diante, ocupando a banda dereita e adiante, por cuarta vez xuntos desde o inicio, Hugo González e Jutglà, acompañados na esquerda por Arcos, que desfrutaba dos primeiros minutos da campaña co primeiro equipo.
O Celta tomou o dominio desde o asubío inicial. O arxentino, ex da Sarriana, Levrand, foi o máis destacado dos primeiros instantes sacando e tapando todo o que chegaba polo centro a área local. O partido comezou a decantar a súa lóxica aos catorce minutos. Miller, en velocidade, deixou en evidencia a Torre, centrou desde o lateral da área e Jutglà, esperando no segundo pau, controlou co pé antes de anotar o 0-1.
O segundo foi no 23, cando co Salamanca absolutamente desorganizado, Febas atopouse coa sabana para correr en diagonal cara adiante. O ex do Elche ollou como Jutglà se desmarcaba por dentro e o de Vilatorta, tras recibir, bateu no man a man a Ayala.
O Celta baixou o ritmo, deixou tocar ao Salamanca, que tivo un achegamento nunha falta lateral que malamente rematou Ucín no segundo pau, e volveu marcar no 38. Arcos atraeu a varios rivais polo centro, a defensa charra abriulle un corredor extraordinario a Antañón polo centro,.e o medio, logo de recibir o servizo, escapou de Ayala para anotar fácil o terceiro do equipo.
O terceiro de Jutglà puido materializarse en el minuto 42, tras una contra na que Hugo González serviulle o coiro para que encarara ao meta. O seu tiro axustado pasou a rentes do poste. A última ocasión foi para Hugo González, cuxo disparo potente foi rexeitado por Ayala.

Dobrete de Swedberg ante un equipo con dez

O comezo do segundo tempo foi diferente a todo o que pasara no anterior. O Salamanca, coas novidades de Opara e Willian, ex xogador do Bergantiños e Sarriana, saltou ao campo desatado. Caramelo, cun centro xute, mandou a pelota ao traveseiro. Despois, tras un empurrón na área, anulóuselle un gol a Levrand, que cabeceou un córner na frontal da área pequena.
Co Salamanca moi adiantado, o Celta viu aberto o camiño para un pese vertical a Jutglà, quen tras recibir en vantaxe sobre a distancia que lle deu Levrand, escapaba a polo terceiro gol antes de ser derrubado polo central arxentino. O Salamanca ficou con dez e media hora de xogo por diante. Antes, e despois, Hugo González ía apañando todos os golpes dos locais, Murúa vira cartón amarelo, Sanvi, por outra entrada menos forte, non.
Pouco despois, Iago Aspas e Vladimir, que debutaba co primeiro equipo, incorporáronse ao xogo e no minuto 74, Ayala estirouse até a base do poste para desviar un disparo desde a frontal de Antañón.
Swedberg foi un dos protagonistas de derradeira xanela de substitucións e aproveitouno ao instante.Unha parede con Iago Aspas deu pasou ao seu primeiro disparo á rede. No minuto 81, na súa segunda intervención, retardando a chegada á area, mandou o segundo (0-5).
No minuto 84 o partido detívose polo esvaemento dun espectador, que acabaría saíndo do Helmántico polo seu propio pé tras ser atendido por sanitarios na bancada. Só perdeu os últimos acosos visitantes nun partido de pouca historia no que o Celta cumpriu co seu favoritismo para estar na segunda eliminatoria da Copa de España.

Ficha

VENRES 13/11/2026 (21,00) Campo: HELMÁNTICO (Vilares da Raíña) (10.000)
SALAMANCA C.F. UDS : 0 – R.C. CELTA : 5 (0-3)

SAL : Ayala; Ucín (Willian D), Murúa, Levrand, Rivas, Torre; Adur (Opara D), Cristeto (Óscar León 75’), Jon Ander; Txoperena (Sanvi D), Caramelo (Luis Bilbao 64’). Tre. Iker Muniain. (Banco: Álvaro Jiménez (g); Juancho; Eguaras; Vicandi).
CEL : Bayindir; Burcio, Yoel, Faye; Miller (Pablo Durán 64’), Antañón (Swedberg 78’), Febas, Javi Galán; Hugo González (Iago Aspas 72’), Jutglà (Vladimir 72’), Arcos (Driouech 78’). Tre. Claudio Giráldez. (Banco: Villar (g); Marcos González (g); Marcos Alonso; Sergio; Hugo Álvarez).
Goles: 0-1 Jutglà 14’; 0-2 Jutglà 23’; 0-3 Antañón 38’; 0-4 Swedberg 79’; 0-5 Swedberg 81’.
Árbitro: Quintero González (Andalucía). Auxiliares: Santiago Sacristán e García Lozano. 4º árb.: Holgueras Castellanos.
Disciplina: CA: Murúa 54’; Yoel 72’; Opara 87’ // VD: Levrand 60’.
NOTAS: O partido, previsto para o mércores, 28/10/2026, ás 21,00, foi adiado ante a consternación producida por una accidente ferroviario acontecido na mañá dese día en Urda (Toledo).

Comparte éste artículo
No hay comentarios