A Deputación da Coruña financia con 9,63 millóns os servizos sociais dos concellos máis pequenos e incrementa a 16 euros a achega por hora do servizo de axuda no fogar

O BOP publica as bases do Programa de Servizos Sociais Comunitarios, que  financiará en 2027 preto de 380.000 horas de atención a domicilio e 177 postos de traballo nos servizos sociais municipais.

A Deputación da Coruña prevé destinar un total de 9.631.311,56 euros a financiar os servizos sociais municipais dos 82 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia durante o ano 2027.

As bases do programa, publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP), prevén financiar preto de 380.000 horas de atención a domicilio e 177 postos de persoal administrativo e técnico nos equipos municipais de servizos sociais. 

O orzamento total  do programa increméntase dos 8,8 millóns deste ano aos 9,6 para 2027, o que supón un 9 % máis.

A principal novidade é o incremento da achega económica da Deputación para colaborar cos concellos no financiamento do servizo de axuda no fogar (SAF) de libre concorrencia. Por cada hora de atención prestada, a Deputación pasará de achegar 14 euros en 2026 a 16 euros en 2027, unha suba do 14,3 % e que se suma ás realizadas en anos anteriores para apoiar económicamente aos concellos nunha das partidas que máis afecta ás contas municipais, especialmente nos concellos máis pequenos. Co incremento da achega a 16 euros por hora, a Deputación asume unha maior parte do custo do servizo e axuda aos concellos a manter a atención diaria ás persoas maiores que precisan apoio para seguir vivindo na casa.

Así, por exemplo, un concello que preste 5.000 horas de axuda no fogar poderá recibir 80.000 euros da Deputación para este servizo, 10.000 euros máis que co importe por hora de 2026.

Máis de 6 millóns de euros para a atención no fogar

A Deputación prevé destinar 6.071.860,16 euros ao SAF de libre concorrencia. A través deste servizo, os concellos ofrecen apoio a persoas que precisan axuda na vida diaria para que poidan seguir vivindo na súa casa. Poden acceder a el tanto persoas sen unha situación de dependencia recoñecida como aquelas que, téndoa recoñecida, aínda carecen de acceso efectivo ao servizo pola vía da dependencia.

Ares é o concello con máis horas de axuda no fogar previstas, con 15.000 horas e unha achega provincial de 240.000 euros para este servizo. Séguenlle Malpica de Bergantiños, con 12.796 horas e 204.736 euros; Neda, con 12.000 horas e 192.000 euros; As Pontes, con 10.300 horas e 208.800 euros; Sada, con 10.256 horas e Vimianzo con 10.000 horas.

Apoio á contratación de 177 profesionais

O programa prevé destinar outros 3.559.451,40 euros para financiar os salarios e as cotizacións á Seguridade Social de 177 persoas que forman parte dos equipos municipais de servizos sociais. Deles, 86 corresponden a persoal administrativo e 91 a persoal técnico.

A achega anual da Deputación para unha xornada completa será de 18.000 euros por posto administrativo, 22.000 euros por posto técnico A2 e 26.000 euros por posto técnico A1. No caso do persoal a tempo parcial, a contía axustarase á súa dedicación aos servizos sociais, que deberá ser, como mínimo, da metade da xornada.

Estas bases para 2027 toman como referencia os módulos concedidos en 2026 e actualizan a achega por hora de SAF. Os concellos poderán solicitar de forma motivada a ampliación ou redución dos módulos previstos. As ampliacións atenderanse en función do crédito dispoñible. O prazo de presentación de solicitudes comeza o vindeiro mércores, 25 de novembro, e remata o 18 de decembro.

Detalle por concellos

Comarca da Coruña e Betanzos

ConcelloEmpregos Horas de SAFInvestimento total (€)
Abegondo36.500170.000
Aranga25.000120.000
Bergondo26.000136.000
Betanzos44.108149.728
Carral37.000170.000
Coirós22.00072.000
Curtis22.40078.400
Irixoa22.30076.800
Mesía22.60081.600
Miño31.41680.256
Oza-Cesuras25.300120.800
Paderne21.50064.000
Sada410.256248.096
Sobrado35.000131.000
Vilasantar22.76884.288
Total · 15 concellos3864.1481.782.968

Comarca de Barbanza

ConcelloEmpregosHoras de SAFInvestimento total (€)
Boiro24.000104.000
Carnota23.00088.000
Lousame23.50085.000
Mazaricos15.000102.000
Muros22.87385.968
Noia36.161,50160.584
Outes15.000102.000
A Pobra do Caramiñal22.00076.000
Porto do Son23.600101.600
Rianxo24.000104.000
Total · 10 concellos1939.134,501.009.152

Comarcas de Bergantiños e Costa da Morte

ConcelloEmpregos Horas de SAFInvestimento total (€)
Cabana de Bergantiños27.000152.000
Camariñas33.000118.000
Cee22.40078.120
Cerceda29.000184.000
Corcubión21.35055.300
Coristanco36.778174.448
Dumbría24.000104.000
Fisterra21.80071.864
A Laracha47.500200.000
Laxe23.20091.200
Malpica de Bergantiños212.796244.736
Muxía22.80084.800
Ponteceso22.35981.744
Vimianzo510.000266.000
Zas29.000184.000
Total · 15 concellos3782.9832.090.212

Comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

ConcelloEmpregosHoras de SAFInvestimento total (€)
Ares215.000280.000
Cabanas26.054,75136.876
A Capela12.50058.000
Cariño17.646140.336
Cedeira22.00072.000
Cerdido14.00082.000
Fene48.000208.000
Mañón17.800142.800
Moeche12.50058.000
Monfero05.50088.000
Mugardos26.842153.478,40
Neda212.000221.000
Ortigueira36.000162.000
Pontedeume36.200165.200
As Pontes de García Rodríguez210.300208.800
San Sadurniño21.00056.000
As Somozas11.75046.000
Valdoviño23.60097.600
Vilarmaior14.03086.480
Total · 19 concellos33112.723,152.462.570,40

Comarca de Compostela

ConcelloEmpregosHoras de SAFInvestimento total (€)
Arzúa22.00063.000
A Baña22.32077.120
Boimorto24.000104.000
Boqueixón21.30057.867,40
Brión21.00060.000
Dodro24.300108.800
Frades12.50058.000

Comparte éste artículo
No hay comentarios