Elena Candia anima á participación para que o domingo sexa «unha festa da democracia»

A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, fixo este domingo un chamamento á cidadanía para que acuda ás urnas e desexou que a cita electoral se viva como «unha festa da democracia».

A través dunha mensaxe difundida con motivo da xornada de votacións, a dirixente popular animou a toda a poboación a exercer o seu dereito ao sufraxio. «, sinalou Candia.

Así mesmo, quixo trasladar o seu «agradecemento e recoñecemento» a todas as persoas que, co seu traballo e dedicación durante o día de hoxe, fan posible que os comicios transcorran con total normalidade e «sexan un éxito».

Comparte éste artículo
No hay comentarios